SOFOR SANTA JULIANA

País:España

Provincia:LUGO

Municipio:A FONSAGRADA

Superficie total:8.08 ha

Toneladas disponibles:357

 
Ficha Técnica
Provincia LUGO
Municipio A FONSAGRADA
Superficie 8.08

Información adicional

Tipo de plantación:Mixta

Tipo de proyecto:Cambio uso de suelo

Propiedad del terreno:Privado

Especies:

  • Pinus pinaster Ait. subsp. atlantica
  • Pinus radiata D. Don

Descripción:A Sociedade de Fomento Forestal SOFOR SANTA JULIANA SL está localizada no concello de A Fonsagrada, sendo coa súa creación no ano 2015 pioneira na provincia de Lugo. Abrangue unha superficie total de 188,97 ha agrupando a propiedade de 19 socios, os cales levan a cabo a xestión conxunta da súa propiedade, procurando poñer en valor os montes da súa xestión dende o punto de vista económico, ambiental e social. Dende o punto de vista económico, a SOFOR Santa Juliana SL levou a cabo, dende a súa creación, diversas actuacións: Plantación de piñeiros en zonas rasas, cun aumento do 150 % da superficie inicial ocupada por piñeiros. Aumento dun 15 % da superficie frondosa, coa plantación de bidueiros, carballos e castiñeiros en zonas historicamente rasas. Traballos silvícolas para a mellora das masas frondosas existentes e das masas de piñeiros, reducindo así o combustible e contribuíndo a protección contra os lumes. Construción de 2 depósitos de auga de apoio na loita contra os lumes. Ademais, debemos ter en conta o beneficio ambiental da plantación dunha superficie rasa dende hai máis de 30 anos, a cal reduce o risco de erosión, mellora as condicións hídricas, contribúe á conservación do medio ambiente, aumenta a diversidade, e axuda a reducir a concentración de CO2 na atmosfera contribuíndo na loita contra o cambio climático. Asemade, a SOFOR Santa Juliana está en proceso de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas promovido pola Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar o estado das masas, recuperando o uso tradicional destes soutos e promovendo o aproveitamento da castaña. Do mesmo xeito, ten previsto no seu Instrumento de ordenación e xestión forestal, a adecuación dun miradoiro e unha área recreativa dentro do seu monte, co obxectivo de poñer en valor a riqueza natural e cultural da súa contorna. O compoñente social non é menos importante para a SOFOR, posto que axuda a xerar emprego e fixar poboación no rural, e grazas, aos traballos derivados das actuacións levadas a cabo (plantacións, limpezas, podas…), e aos produtos que se poden obter do monte (ademais da madeira e leñas), como son as castañas e as setas. Dentro da implicación da SOFOR na xestión económica, ambiental e social do seu monte, pon a disposición do proxecto TROCO2 parte das plantacións realizadas en terreos historicamente rasos, concretamente 8,08 ha poboadas con piñeiro (Pinus pinaster e Pinus radiata), as cales nos proporcionan unha estimación de fixación de carbono de 1.990 tn CO2 totais aos 30 anos.

Código QR

Vistos recientemente

Menu