País:España
Provincia:Pontevedra
Municipio:REDONDELA
Superficie total:5.06 ha
Toneladas disponibles:326
Tipo de plantación:Mixta
Tipo de proyecto:Terreno forestal incendiado
Propiedad del terreno:Privado
Especies:
Descripción:recuperación ambiental de diferentes áreas do monte tanto polo interese ecolóxico, produtivo, o uso social potencial e real e nalgúns casos polo valor patrimonial da zona. No monte Espiño tras os incendios do ano 2016 realizouse unha actuación de ecuperación do anterior piñeiral en zonas de solo pouco profundo acompañada de frondosas naquelas zonas máis aptas. Tras o incendios desenvolveuse mato heliófilo con especies predominantes como o Ulex europaeus, Cytisus sp., Rubus spp. e teridium aquilinum. Na preparación do terreo procedeuse á roza da matogueira e á realización dos buratos para a plantación. No ano 2017 procedeuse á plantación de 4,30 hectáreas de piñeiro do país a unha densidade de 1100 plantas/ha, 0,69 hectáreas de castiñeiro e 0,07 hectáreas de bidueiro ambas a unha densidade de 625 plantas/ha. A repoboación do rodal contemplado no presente proxecto pretende conseguir a restauración de zonas de clara vocación forestal que, na actualidade están infrautilizadas. Debido ó emprego combinado de planta de coníferas e frondosas caducifolias con estas accións conseguirase, ó mesmo tempo, aumentar a superficie produtiva do monte, a diversificación da produción, a diminución do risco de incendio creándose franxas que rompen a continuidade en masas de coníferas, a mellora da paisaxe e a creación de espazos forestais que soporten masa con un futuro aproveitamento comercial ó tempo que cumpran a función de conservación do edio natural. As distintas zonas de repoboación dos rodais responden ás mesmas pretensións. Preténdese instalar unha masa forestal, onde as especies son de crecemento lento, que van ser tratadas a quenda maior de 20 anos, no caso do Pinus inaster a quenda é de 35 anos, creando rendas a medio prazo cun alto prezo de venda por m3 se lle aplican axeitadamente os tratamentos silvícolas necesarios. Nestes rodais tamén se pretende que actúe de cortalumes húmido o mesmo tempo que se produce madeira de gran calidade.